Blogia
PuRi

Internet En Todos Os Rincóns

Internet En Todos Os Rincóns

Paso do tempo Internet fixose case imprescindible na vida dunha persoa, cada vez accedemos máis a Internet e prácticamente a diario nos internamos nese mundo para consultar algunha información.

Dende que Internet chegou as nosas vidas desexamos que poidanos acceder a Internet dende os lugares que desexamos e que varios equipos poidan estar conectados ou outros dispositivos electrónicos.

Unha das formas para podernos conectar a Internet dende varios lugares e instalando como unha especie de router o que conleva desprazar moitos cables dende o punto de acceso a Internet.

Outra forma de conectarse e instalándo unha rede Wi-fi que é máis sinxelo porque non precisa de cableado o que pode ser engorroso.

Con este dispositivo non soe haber problemas de funcionamento ainda que os equipos que estean conectados sexan de distintos fabricantes.

As distintas variedades que hai son de distinta velocidade pero nunca chegan a máxima velocidade.

As conexións Wi-fi son bastante máis lentas que as conexións por cables.

Para montar unha rede Wi-fi hai que instalar un router pero en vez de repartir a señal a través de cables faise por medio da radio.

Para utilizar equipos PLC hai que instalar unha rede eléctrica o que pode ser complicado para acceder dende equipos de distintos fabricantes.

Todas as melloras que faciliten o acceso a Internet son importantes e beneficiosas para os internautas.

0 comentarios