Blogia
PuRi

O Castelo De Monterrey

O Castelo De Monterrey

É un conxunto fortificado, nel asentaronse linaxes do Ulloa, os Zuñiga, os Viedma, os Fonseca, os Acevedo e os Duques de Alba na Idade Media foi a fronteira con Portugal. Está formada por tres recintos amurallados, mas cercanías de Verín.

No recinto superior encerrabase a poboación medieval, conservándose o palacio renacentista, a torre de Homenaxe do século XV, a Torre de Damas, restos do Hospital de peregrins e a igresia gótica de Santa Maria. Estas construccións débense a D. Sancho de Ulloa, conde de Monterrei nos tempos dos Reis Católicos.

Na Idade Media construironse outros recintos fortificados o que cmplementou a vida cultural da pequena corte nobiliaria, a que imprimiu o primeiro incunable galego que impartía docencia, gramática, artes e teoloxía.

A Igrexa parroquial de Sta. María é un templo do século XIV-XV, cunha nave cuberta de madeira e ábside tectángular con bóvedane crucería. Destacan polo estilo gótico e na portada lateral, formada por tres arquivoltas moi decoradas.

 

0 comentarios