Acoso en Internet
Baixo o meu punto de vista o publicado nesta noticia non coincide coa realidade. Pola esperiancia que teño e as veces que vin acoso escolar, recordo que é a miña opinión, que con isto con quere decir que realmente fora acoso, o acoso procede máis dos adolescentes non das adolescentes, aínda hoxe se segue habendo acoso escolar, no que as persoas máis prexudicadas son as máis febles.
Pero creo que refenrente o mundo de Internet posiblemente sexan as rapazas as máis acosadas, pola educación que se lle deu desde sempre de que era inferior o home, é o machismo que existiu desde senpre e aínda existe. Con respesto a que as estudantes sexan as que acosan, non estou segura pero tamén o dudaría porque creo que os rapaces poloxeral son máis atrevidos e lanzados e creo que teñen bastante menos educación.
Todo isto non é xeral, como en todolos casos hai rapaces e rapazas que acosan e son acosados.
Considero que a meirande parte das veces que estudantes acosan a outras persoas e por algún trauma que teñan de pequenos, que nas súas casas viviran unha situación parecida, que os proxenitores lle inculcaran unha educación maxista na que a muller está considerada inferior.
Posiblemente esta situación teña solución pero creo que todo o mundo debería poñer o seu grán de area e contribuír a que isto non suceda, o intentar evitalo o máximo posíbel.
Todas as persoas que acosan desen ser castigadas, pero considero que aqueles estudantes ou aquelas estudantes que provoquen, que inviten, ou que incentiven estas situacións tamén deben ser castigadas.
Seguramente hai xente que está vixiando este tema pero non debe de ser suficiente cando segue ocorrendo. O pais tamén deberían estar o tanto do que fan os seus fillos integrándose no mundo de Internet.
Desde a educación deberían informar de todos os perigos que podes correr introducíndote en Internet.
0 comentarios