Asesinato De Marta Del Castillo
Tres semanas despois da desaparición de Marta del Castillo, o seu ex novio, Miguel Carcaño Delgado confesou o seu asesinato. O xoven de 20 anos acabou coa vida de Marta de 17 anos a noite do 24 de xaneiro, o día da súa desaparición. Os dous mozos mantiveron unha forte discusión. Os motivos e o lugar do asasinato aínda non están aclarados. Actualmente o presunto asasino residía coa súa moza de 14 anos e coa súa nai e co cosentimento desta.
Os primeiros indicios informan que Marta foi golpeada varias veces cun obxecto contundente ocasionándolle a morte.
Miguel Carcaño estivo declarando varias horas ante os axentes de Homicidios de Menores, o mozo terminou por derrubarse e confesar o seu crimen. O criminal indicou donde se desfixo do cadáver, na ribeira do Guadalquivir. Despois de varias investigacións tamén detiveron a outro mozo, Samuel Benitez Pérez. Os investigadores pensan que Miguel contactou con Samuel para que lle axudara a desfacerse do cadáver.
Nas úñltimas foron arrestados outras dúas persoas, un menor de 15 anos e o irmán de Miguel o "asasino " de Marta
Esto é o último que segan sucedendo esto nus país supuestamente civilizado, que continuamente estean desaparecendo menores e despois aparezcan asasinados. Como se pode evitar todo isto?
Porque por un motivo de celos, por un enfado ou por unha discusión teñen que acabar coa vida de outra persoa.
E eu persoalmente xa non me creo a historia de que teñan problemas psicolóxicos ou estean enfermos porque se é así como que case nunca atentan contra a súa propia vida senón que matan a persoas inocentes.
0 comentarios