Blogia
PuRi

Hora De Armarse Contra A Pandemia

Hora De Armarse Contra A Pandemia

Os virus non entenden de idiomas e fronteiras. Fai cinco anos surxiu a ameaza dun virus asiático, a gripe aviar. E agora no 2009 apareceu outro virus de orixe maxicano pocedente dos dos animais porcinos. En España xa existen comités e protocolos para actuar en caso da pandemia.

Unha pandemia non é inevitable, por iso hai que prepararse para detectar e atender os pibles afectados.

Despois dos comuncados e compareciencias do luns, as institucións sanitarias afirman que o virus non se pode deter, que habrá unha pandemia, e que hai que intentar contratacar os efectos do virus, xa que a epidemia está adquirindo velocidade.

En España confirmouse un segundo caso, de 24 anos, ingresado nun Hospital de Valencia. Este novo enfermo respondeu moi ben o tratamento e atopase estable e normalizado. Hai 32 casos en seguimento, pero todos eles leves.

Tamén no resto do mundo hai casos de infectados. O número de afectados ascende a 79, a meirande partes dos pacientes atópanse en Estados Unidos.

As cifras son baixas comparadas coas que estan dando outros países.

No páis foco da epidemia xa foros rexistrados 152 mortos sospeitosos. Salvo en México, nos outros países os síntomas non son graves. Posiblemente estemos ante unha epidemia leve.

Tamén hai que recordar a peste españla en 1918 que empezou de maneira leve e matou entre 25 millóns e 50 millóns de persoas. Esta gripe afectaba principalmente o sistema neurolóxuco

As nacións nas que se detectaron efectos do virus de orixe porcina son ricas e emerxentes.

Tamén é importante que non hai migracións de animais porcinos, domésticos ou salvaxes. O comercio destes animais tamén está restrinxido. Pola relixión é difícil que chegue a país asiáticos  e africanos, a maioría musulmáns.

As persoas máis afectadas por este virus foron os turistas que viaxaron a México.

Na cumbre hispanino-francesa que se celebra en Madrid o presidente do goberno español Xosé Luis Rodríguez Zapatero e o presidente francés Nicolas Sarkozy trataron o tema da pandemia xa que preocupa a toda Europa.

 

0 comentarios